VISITAS AL BLOG

domingo, 7 de abril de 2013

CELANOVA TERRA DOS POETAS

Un domingo dedicado a coñecer Celanova. Unha visita organizada polo Club Pena Trevinca Barco, do que formamos parte. Iniciamos a marcha sobre as dez da mañá, con chuvia moderada e temperatura agradable. Como resumen, citar lugares singulares que visitamos: A Obra, o pobo de Castromao, Castromao arqueolóxico, Vilanova dos Infantes e A Coutada. Despois dunha comida reparadora iniciamos unha visita cultural: Casa dos Poetas e San Rosendo. Celanova é unha das vilas galegas con máis tradición cultural. Numerosas actividades, iniciativas de recuperación de edificios, lugares singulares e numerosas actividades culturais fan de Celanova un lugar para que sexa visitado. Celanova é a vila dos poetas: Xosé Luís Méndez Ferrín, ata pouco Presidente da Real Academia Galega, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Paulino Vázquez, son unha carta de presentación única.
TRACK DE LA RUTA